Ninja Gaiden II supera o millón de copias
venres, 29 de agosto do 2008
O xogo Ninja
Gaiden II é un dos grandes éxitos para Xbox 360 e en apenas 2
meses conseguiu
superar o millón de copias vendidas, polo que esta impresionante
produción de Tomonobu Itagaki para o Team Ninja (filial de Tecmo) parece que
cumpriu coas expectativas dos seguidores da saga (o que non impediu que o
seu creador fose despedido tras queixarse publicamente
por non cobrar unha prometida gratificación por entregar o xogo a tempo).
Ninja Gaiden II é un excelente xogo que
está a funcionar ben comercialmente pese a contar con certos atrancos coma que
está recomendado para adultos pola súa violencia, é exclusivo para unha
plataforma (Xbox 360), o seu prezo é elevado (64,95 euros en España) e varias
publicacións do sector criticaron duramente este tÃtulo polo seu nefasto
sistema de control de cámara (que en certas situacións fai moi complicado o seu
xogo, pois agocha detalles importantes para a acción).
En vista destas sólidas vendas é posible que as aventuras de Ryu Hayabusa continúen
pese a que se asegurou que este xogo porÃa fin a 20 anos
de saga.