Nintendo permite botar un ollo ao que será a secuela de Breath of the Wild
martes, 15 de xuño do 2021
No marco da celebración da feira E3, que este ano desenvólvese
de xeito virtual, temos un novo
Nintendo Direct, vÃdeo no que realizáronse interesantes anuncios e adiantos
de xogos que chegarán a Nintendo Switch nos vindeiros meses, aÃnda que o máis
rechamante para a meirande parte dos xogadores foi o anuncio do xogo Metroid
Dread (á venda o vindeiro 8 de novembro) e a publicación das primeiras
imaxes da secuela de The
Legend of Zelda: Breath of the Wild, do que aÃnda non ousan confirmar
nin o tÃtulo nin a data de lanzamento (apuntando ao ano 2022).
Aparte destes grandes anuncios, tamén se amosou o xogo WarioWare: Get It
Together! (que sairá á venda o 10
de setembro) e Mario Party Superstars (á venda o 29 de outubro), asà deixaron
ver ao loitador Kazuya en Super Smash Bros. Ultimate, aseguraron que Marvel’s
Guardians of the Galaxy estará dispoñible para Switch a partir do 26 de
novembro (que curiosamente será un xogo que se execute na nube para poder gozar
dunha experiencia gráfica á altura do resto de consolas actuais), presentaron
os modos de xogo de Mario Golf:
Super Rush (que chegará o vindeiro dÃa 25) e incluso anunciaron unha nova
consola portátil con formato de Game & Watch que incluirá o primeiro xogo
de The Legend of Zelda, Zelda
II: The Adventure of Link, a versión para Game Boy de The Legend of Zelda: Link’s Awakening e unha versión do xogo de Game
& Watch chamado Vermin,
modificado para que o seu protagonista sexa Link, ou sexa, que temos unha
grande homenaxe a The Legend of Zelda con forma de consola
portátil retro.
VÃdeo completo do Nintendo Directo do E3 2021