Nintendo presenta moitas das novidades que chegarán a Switch nos vindeiros meses

xoves, 18 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Os seareiros de Nintendo levaban moito tempo agardando por un vídeo oficial no que se presentasen as novidades da compañías para Switch, xa que tras un 2020 un tanto irregular por mor da pandemia, querían saber o que depararía este 2021, e por fin chegou un Nintendo Direct para deixar claro que teremos moitos lanzamentos nos vindeiros meses e polo momento non hai previsión de renovación para unha consola que segue a vender moi ben tanto software como hardware.
Os grandes lanzamentos dos que se daría conta neste Nintendo Direct serían claramente The Legend of Zelda: Skyward Sword HD (remasterización do xogo de Wii que sairá á venda o 16 de xullo), Splatoon 3 (grande xogo competitivo que chegará en 2022) e Mario Golf Super Rush (novo xogo de golf de Mario que verá a luz o 25 de xuño), que estarán acompañados por moitos lanzamentos interesantes como Fall Guys (sensación viral que terá versión para Switch no verán), Samurai Warriors 5 (que tamén chegará no verán), Legend of Mana (remasterización dispoñible a partir do 24 de xuño), No More Heroes 3 (que fixa a súa data de lanzamento no 27 de agosto), Neon White (creación de Annapurna Interactive que chegará no inverto), Plants vs. Zombies: Battle for Neighborville (que adáptase á Switch nunha edición completa que porase á venda o 19 de marzo), Miitopia (que o 21 de maio adaptarase á Switch), Star Wars: Hunters (que chegará este ano nunha data por determinar) e incluso a Ninja Gaiden Master Collection (que o 10 de xuño chegará cos 3 xogos da franquía de Ninja Gaiden).
Tamén anunciaron que Animal Crossing: New Horizons recibirá contido de Super Mario o 25 de febreiro e Super Smash Bros. Ultimate recibirá en marzo a Pyra e Mythra de Xenoblade.

Vídeo co Nintendo Direct íntegro

PUBLICIDADE