No More Heroes III sae á venda para Nintendo Switch

venres, 27 de agosto do 2021 Marcus Fernández

A nova entrega do hack and slash de Goichi Suda protagonizado polo asasino profesional Travis Touchdown xa está aquí, e No More Heroes III pode adquirirse para Nintendo Switch, recuperando así a Beam Katana nunha nova aventura na que haberá que salvar o mundo dos invasores alieníxenas.
O responsable da agresión intergaláctica é Jess-Baptiste VI, un mestre do crime alcumado Príncipe FU, que para decidir o destino da Terra organiza a Clasificación galáctica de superheroes, na que participan os asasinos máis mortíferos da galaxia, o que levará a Travis a ter que superar numerosos combates para liderar a clasificación e salvar o planeta.
No xogo haberá que acabar un a un cos asasinos máis letais da galaxia en batallas clasificatorias, empregando a Beam Kataka para abrirse paso a golpes de espada entre os esbirros e malfeitores que se interpoñen no camiño, sendo os grandes retos as batallas contra os distintos xefes finais, sendo preciso empregar o enxeño para rematar con eles.
Estamos ante a cuarta entrega dunha saga que naceu en Wii, pero que actualmente ten todos os seus títulos publicados para Nintendo Switch, de xeito que quen desexe completar as aventuras de Travis Touchdown pode achegarse tamén a No More Heroes, No More Heroes 2: Desperate Struggle e Travis Strike Again: No More Heroes.

No More Heroes III é un hack and slash que chega a Nintendo Switch para satisfacer ás demandas de acción dos seareiros de Goichi Suda

PUBLICIDADE