Noia dixitaliza máis de 50.000 documentos do seu Arquivo
venres, 13 de maio do 2022
O
Concello de Noia anunciou esta semana a incorporación de 53.222
imaxes do seu Arquivo Histórico á plataforma Galiciana. Os
documentados dixitalizados comprenden varios séculos: desde o 1559
ao 1960. Os traballos foron levados a cabo pola empresa Unayta,
con sede en Milladoiro (Ames) e especializada neste tipo de labores
tecnolóxico-documentais dirixidos a favorecer a conservación, a
reivindicación e a dispoñibilidade da información histórica das
entidades locais.
Nestes
traballos de dixitalización adaptáronse aos novos tempos
expedientes de contratación, datos do Padrón Municipal, planos e
outros documentos de obras e organismos.
A
empresa Unayta fixo saber que se puxo o foco en acadar información
facilmente documentábel e que as tarefas de preservación e
dispoñibilidade leváronse a cabo en “tempo record”. Tamén
informou de que o proxecto permitiu que “a partir de agora a
cidadanía teña acceso a milleiros de datos do Arquivo Histórico,
algúns do ano 1.559”.