Nova cámara 3G controlable a distancia

martes, 5 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A compañía taiwanesa Vibo estreou a súa segunda videocámara 3G, a Vibo MF58, que conta con control de movemento dende o teclado do novo móbil, dende o que tamén podemos ver as imaxes que capta mediante unha videochamada.
Deste xeito, a MF58 pode empregarse para funcións de videovixilancia, contando para un uso seguro dun sistema de autentificación mediante unha combinación de SMS e un número PIN.
A cámara tamén conta con modo de visión nocturna, pode gravar vídeo nunha tarxeta T-Flash e conta cunha batería que lle da unha autonomía de 4 horas de vídeo ou 300 horas en espera.
Un expoñente máis dunha nova serie de dispositivos pensados en sacar proveito da telefonía móbil de terceira xeración.

PUBLICIDADE