Nova convocatoria de axudas para mellorar a cobertura móbil en zonas illadas do rural galego
martes, 9 de febreiro do 2021
A Xunta lanza unha
convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para facilitar a
cobertura móbil en 290 núcleos illados do rural de 65 concellos por un
importe de 4 millóns de euros para o perÃodo 2021-2023. Esta medida enmárcase
no Plan autonómico para mellorar as comunicacións móbiles no rural, impulsado
pola AMTEGA, e que acada un investimento global de 10 millóns de euros.
Os operadores interesados poderán presentar varios proxectos
nos núcleos que elixan, que serán beneficiarios das axudas por orde de
valoración ata esgotar a dotación orzamentaria prevista, e as entidades locais
deberán achegar terreos para a execución das torres precisas por parte de
Retegal, nas que se instalará o equipamento de comunicacións móbiles.
As redes obxecto de subvención deberán permitir a
realización de chamadas de voz con calidade a través de terminais de usuario
estándar (teléfonos móbiles), debendo garantir esta cobertura durante un
perÃodo mÃnimo de 10 anos.
A convocatoria está financiada a un 75% polo Fondo Europeo
AgrÃcola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e contempla subvencións de ata o 90%
de cada proxecto. A publicación desta convocatoria permite dar un paso máis no
Plan de mellora de cobertura móbil que puxo en marcha o pasado ano a AMTEGA, en
colaboración coa Fegamp.
Galicia propuxo esta solución á Comisión Europea, que é o
organismo que ten que aprobar a convocatoria pública de axudas, coa que está
manter contacto e intercambiando de información para poder dar resposta á
demanda.
A pesar de que Galicia conta cunha cobertura móbil do 98%, á
que contribuÃron en boa medida os investimentos públicos para incentivar a
extensión da 4G na Comunidade, aÃnda existen zonas rurais illadas e espazos
naturais nas que non é posible realizar chamadas de voz a través do móbil.
A Xunta puxo en marcha esta iniciativa tras solicitar ao
Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo universal de
telecomunicacións para que, ademais do actual dereito de conexión fixa de Internet
de 1Mbps e de telefono fixo, os cidadáns poidan ter dereito á cobertura de
móbil, en condicións previamente estipuladas.
Como alternativa inmediata a Xunta tras reunirse coa
Comisión Europea para garantir a adecuación desta actuación a normativa
europea, puxo en marcha este iniciativa, semellante á outras que están a levar
a cabo en Italia e que tamén están a analizar en Alemaña.