Nova solución compacta de Western Digital para facer copias de seguridade
venres, 30 de agosto do 2013
Western Digital está
a ampliar a súa familia de dispositivos de copias de seguridade en rede WD
Arkeia cos dispositivos compactos DA1300 e DA2300, que ofrecen ás PEME
solucións todo-en-un de copia de seguridade e recuperación de desastres. Estas
novas solucións están dotadas co software WD
Arkeia 10.1, compatible con máis de 200 tipos de plataformas existentes
(Windows, Linux, OS X, AIX, Solaris, BSD, Novell...) que permite realizar
copias de seguridade en quente de aplicacións e bases de datos importantes,
empregando a tecnoloxÃa
Deduplicación Progresiva que promete reducir o volume de almacenamento e
facilita unhas copias de seguridade máis rápidas.
Estes novos WD Arkeira DA1300 e DA2300 están equipados con procesador de dobre
núcleo Intel Atom e Intel Xeon respectivamente, poden montarse en bastidor e
fan uso de tecnoloxÃa SSD para aumentar ao máximo o rendemento das copias de
seguridade e a restauración de datos.
Estes novos dispositivos teñen un tamaño compacto (miden 20,6 x 16 x 22.36
centÃmetros) polo que poden colocarse comodamente sobre calquera escritorio, teñen
grandes capacidades de almacenamento (ata 16 Tb no caso do DA23000), integran
unha pantalla LCD para amosar o estado e a información de alertas crÃticas dun
xeito rápido e doado, e poden empregarse en combinación con copias de
seguridade en nubes hÃbridas (podendo realizarse as copias de seguridade fóra
das instalacións da empresa mediante o uso de discos duros con conexión USB
para transferir as copias de seguridade iniciais ou de grande tamaño e axustar
o largo de banda da WAN para a replicación de copias de seguridade incrementais
nocturnas).
O WD Arkeia DA1300 sairá á venda a finais de setembro por 3.490 dólares (o
prezo europeo aÃnda non foi notificado) no seu modelo de 4 Tb, chagando o
modelo DA2300 ao mercado durante o outono.