Novas cámaras de alta definición e baixo custo de Toshiba
xoves, 29 de xaneiro do 2009
O vÃdeo doméstico
está a dar todo un salto evolutivo grazas á chegada da alta definición aos
fogares, e atendendo a esta demanda Toshiba sorprende coa presentación da nova
familia de cámaras Camileo que son capaces de gravar vÃdeo a 1080p e
contan con saÃda de HDMI para poder ver as súas gravacións en televisores de
alta difinición.
A nova familia sairá á venda o vindeiro mes, e está formada polos modelos
Camileo S10, con 18 milÃmetros de ancho, un peso de só 120 gramos polo que se
pode levar no peto e só custará 149 euros; a Camileo P30, que servirÃa coma
cámara de viaxe, cun zoom óptico de 5x, 128 Mb de memoria interna e a posibilidade
de gravar en tarxetas SD, que se venderá por 199 euros; e finalmente a Camileo
H20, que por 249 euros achegará unha cámara bastante completa, cunha pantalla
de 2,5 polgadas e case equivalente ás cámaras de vÃdeo actuais.
Calquera destas cámaras serÃa máis que axeitada para gravar contidos pensando
na súa publicación en YouTube, pero o feito de que poidan capturar vÃdeo en
Full HD é un grande atractivo de cara ao futuro, xa que as súas gravacións
servirÃan para ver vÃdeo de alta calidade no ordenador, no Blu-ray ou noutros
soportes.