Novo Acer AspireRevo con Windows 7
luns, 19 de outubro do 2009
Os nettops, equipos semellantes aos ultraportátiles de baixo custo, pero orientados ao escritorio, queren manterse no mercado, polo que actualizan as súas prestacións, e Acer xa presente o seu novo AspireRevo R3610-U9012, que conserva a súa aparencia compacta (que permite incluso a súa incrustación na parte traseira dunha pantalla TFT ou dun televisor) e que agora vén de serie cun procesador Intel Atom N330 de dobre núcleo a 1,6 GHz, con tarxeta gráfica nVIDIA ION, 2 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, 6 portos USB, saídas HDMI e VGA, porto eSATA, lector de tarxetas de memoria, Wi-Fi, Gigabit Ethernet e o sistema operativo Windows 7 Home Premium. Todo isto logra manter o seu prezo en 329,99 dólares (220,12 euros), polo que resulta bastante atractivo para os que non precisen dun equipo de altas prestacións e queren reducir ao máximo o espazo ocupado polo ordenador no seu escritorio ou no salón do seu domicilio.