Novo BlackBerry con conectividade Wi-Fi
mércores, 18 de xullo do 2007
Research
In Motion (RIM) anunciou un novo terminal BlackBerry, o modelo 8820, que
destaca por ser dual móbil-Wi-Fi. O
BlackBerry 8820 sería a versión actualizada do 8800 (que xa leva meses no
mercado) pero que podería aproveitar os puntos de acceso Wi-Fi para conectarse á
Rede, o que podería supor un aforro considerable no seu uso así como un
incremento da velocidade de carga de datos. Tamén
abriría o uso de servizos de telefonía IP valéndose da conectividade Wi-Fi
(aforrando moitos cartos en chamadas telefónicas, que terían uns prezos máis próximo
ós dos teléfonos fixos que ós móbiles, así como en chamadas internacionais).
O BlackBerry 8820 inclúe GPS, conector de auriculares e lector de tarxetas
microSD, contando coas prestacións habituais deste tipo de dispositivos: correo
electrónico, mensaxería instantánea, navegador web, organizador, marcado por
voz, reprodutor multimedia, mapas Blackberry e trackball.