Novo blogue en galego sobre videoxogos
luns, 4 de maio do 2009
Na Internet é
doado atopar moita información sobre videoxogos, pois por algo son a industria
do lecer doméstico que máis cartos move, pero curiosamente, aÃnda que varios
dos espazos de referencia sexan de factura galega (coma Vandal ou PixFans),
a nova lingua está case totalmente ausente nesta temática, o que levou a un
mozo de preto de Vila de Cruces a emprender un novo blogue, Memoria Pixelada, dende o que
recolle moitas das novas diarias deste mundo
que lle apaixona.
Nós falamos con este blogueiro dende o rural galego, Juan Skaltum Salgado, quen nos permitiu coñecer algo máis da súa persoa:
- ¿PoderÃas contarnos de onde vén a túa afección aos videoxogos?
Podo dicir sen ningún tipo de medo, que medrei cun pad na man. Dende que
me agasallaron a NES, quedei totalmente imantado por este mundo, e de isto xa
fará uns catorce ou quince anos, asà que podo presumir de pertencer a unha
xeración de xogadores que viu evolucionar de maneira constante esta cultura. E
con esta evolución non me estou referindo a progresión na calidade dos
videoxogos (que moito haberÃa que discutir), estoume referindo ao enorme salto
tecnolóxico que supoñÃa cada cambio de xeración.
- E vendo a túa longa experiencia coma xogador, ¿poderÃas facer unha
escolla dos tÃtulos dos que máis gustaches?
SerÃa complexo elixir simplemente un par de xogos despois de tantos anos
xogando, asà que vou citar os que máis me marcaron:
- Banjo Tooie: sen dúbida o mellor plataformas que existe , na miña
opinión por enriba do grande Mario. É complexo describilo, xa que o tiña case
todo, dende uns gráficos impresionantes, duración lonxeva, enormÃsima variedade
de situacións, un apartado sonoro impresionante, misións secundarias do máis
entretidas… ImprescindÃbel.
- Primal: Un dos xogos que pasou sen facer moito ruÃdo aos inicios
da PlayStation 2, pero que dende logo posuÃa un desenrolo e un argumento dos
máis entretidos. Por algún estraño motivo engatusoume.
- ICO: unha historia tan entrañábel, preciosa e máxica
converteuse nun claro referente do que pode ser un xogo impresionante.
- Gears
of War: hai un par de anos ninguén pensaba que unha consola puidese
mover uns gráficos tan impresionantes.O frenético estilo que o define, o
carácter adulto xunto unha xogabilidade innovadora, foron os responsábeis de
introducir este tÃtulo no podio dos mellores. Foi o verdadeiro inicio desta
nova xeración.
Non quero deixar de mencionar outros tÃtulos como Zelda: Ocarina of Time,
Super Mario Bros 3,Metal Gear Solid 3, God of War e tanto outros que
axudaron a elevar a calidade nas consolas.
- Vexo que tanto lle das a videoconsolas de Nintendo coma se Sony. ¿Tes
predilección por algunha plataforma en concreto?
Non son moi de mirar qué consola ten máis opcións, nin cal lee máis formatos,
simplemente me fixo nos seus videoxogos e hai que mencionar que nesta xeración
a batalla sobre consolas está moito máis igualada que na xeración anterior. AsÃ
e todo, supoño que me decantarÃa pola Xbox 360 polo feito de ser máis rendible,
ademais hoxe por hoxe penso que contén o mellor catálogo de todo o elenco de
videoconsolas desta terceira xeración.
- Pero para informarte de todo o tocante ao sector, supoño que terás que
tirar de moitas fontes na web.
No meu blogue teño un enlace directo cos medios que sigo a diario. Mondo PÃxel e HADOUKEN liderado por John Tones,
conteñen textos e artigos do máis interesante que se pode atopar, aÃnda que non
se centra moito nas últimas novidades. Para este fin, bótolle unha ollada a Anaitgames, cada vez máis obxectiva
páxina (cousa difÃcil de atopar) ou Gamesajare
e Akihabarablues, tamén medios
bastante entretidos e fiábeis.
- Skaltum decidiu levar a súa afección aos videoxogos á web, sen deixar á súa lingua no camiño
- ¿Cal foi o motivo que che levou a escribir un blogue sobre videoxogos? ¿O
seu nome ten algún significado especial?
Sempre me quixen dedicar a algo relacionado cos videoxogos,como redactor
nalgunha revista ou páxina, pero como vexo que se vai a converter nun soño
frustrado, pois vin no blogue unha forma de enganar as miñas propias ideas.
E con relación ao nome, foi moi sinxelo, simplemente me abondou con pensar nos
mellores momentos que pasei ao longo da miña existencia, e coincidÃa que en
case todos eses bos momentos, atopábame xunto a unha videoconsola.
- ¿Que foi o que levou a que escolleses o galego coma lingua para escribir
o teu blog?
Despois de tentar buscar blogues e páxinas en galego dedicadas exclusivamente a
este mundo e quedar frustrada a miña busca, polo número tan limitado atopado,
pensei que serÃa o momento de que alguén se puxera a facelo, porque estou
seguro de que existirá unha minorÃa, e dentro desa minorÃa unha elite, que lle
agradará ver todas as noticias neste idioma tan castigado. É ben triste, que na
propia Galiza e os propios galegos non se preocupen nin sequera polo seu propio
idioma, pola súa propia fala, é ben triste que prefiran ver as novas noutra
escrita que non sexa a nosa.
Con isto son consciente de que me sacará moitos lectores o propio feito de que
escriba no meu galego, pero creo que é preciso botarlle unha man a esta lingua,
e prefiro aportar o meu graÃño de area, a quedar indiferente ante esta
situación.
- ¿PoderÃas comentarnos cal é a túa visión da situación do sector dos
videoxogos na nosa comunidade autónoma? ¿Percibes algún tipo de fenda dixital
no lecer electrónico?
Parece ser
que Galiza é unha das comunidades autónomas que máis videoxogos consome, asÃ
que penso que neste apartado non estamos tan mal. Ademais da existencia de
xuntanzas dedicadas á electrónica como Xuventude Galiza Net, fai que se apoie
de forma indirecta á situación dos videoxogos.
Con referencia á segunda pregunta, penso que para os consumidores, a principal
fenda que podo atopar é a enorme calidade de tÃtulos ruÃns que sacan ao
mercado. Do único que se preocupan as compañÃas é de sacar o máximo número
posÃbel de videoxogos no ano, sen preocuparse de ningún dos seus apartados.
Tamén é certo, que para os creadores, a principal fenda que atopan é a piraterÃa,
pero é un tema que se lle dá máis importancia da que verdadeiramente ten. O
sector dos videoxogos é un dos que máis beneficio ofrece, asà que non sei
porque tanto problema, ademais, para rematar coa piraterÃa deberÃan ceder un
pouco tanto creadores como consumidores, e non creo que estean dispostos ningún
dos dous bandos.
- ¿Cómo valoras a actividade galega no sector con páxinas web coma Vandal.net ou Botafumeiro e podcast coma El Complejo Lambda?
Honestamente, destes tres exemplos que mencionas, ningunha se pode considerar
verdadeiramente galega, xa que non conteñen ningún caracterÃstica que nos
represente. Actividade galega neste tema é moi limitada, de feito moi pouquiñas
páxinas atopas relacionadas con este sector.
- E sobre o fenómeno dos podcast de videoxogos, ¿paréceche normal o
crecemento esaxerado do fenómeno nos últimos anos? ¿Segues algún destes medios?
Parece que a xente busca información noutros lugares a parte de páxinas, asÃ
que atoparon nos podcast un forma cómoda de enterarse das novas. Pero como en
todos os medios, hai que ter moito tino, xa que a obxectividade hoxe en dÃa é
bastante difÃcil de atopar e con isto veñen os publirreportaxes.
Por iso prefiro ler blogues, xa que normalmente nestes, non teñen problema
ningún en dicir se un xogo é unha bazofia ou pola contra vale a pena.
Tamén é certo que non hai mellor crÃtica que a nosa propia.
- Os videoxogos están a perder forza nos quioscos e pasan a vivirse con
moita forma na Internet, a través de portais temáticos, blogs e mesmo podcasts,
pero ¿cómo explicas que tal éxito non se traslade á televisión?
Algún programa na televisión houbo, como One on One, pero parece ser que
aos espectadores non lle interesaban estes programas, e por un lado é normal,
xa que a calidade destes tampouco era ningunha esaxeración ademais de emitilos
nunha hora bastante indesexada.
Hoxe en dÃa, existen moi poucos programas dedicados aos videoxogos, pero non me
chaman demasiado a atención.
- Para rematar, ¿qué esperas do teu blogue? ¿Algunha idea de cara ao
futuro?
Nunca se pode esperar nada para que a frustración sexa menor, pero gustarÃame
que o meu blogue se convertese nun pequeno referente neste mundo dos
videoxogos. De feito, tento ser o máis obxectivo posÃbel con todas as miñas
crÃticas, por suposto que as miñas opinións tamén estarán plasmadas, as cales
lle gustarán a uns e desgustarán a outros, pero estou disposto a ler calquera
tipo de comentario.
Nun futuro gustarÃame incluÃr un apartado de cine, que ben sabemos que o cine e
os videoxogos están bastante ligados, aÃnda que iso serÃa no caso de que o meu
blogue tivese credibilidade nos lectores.