Novo espazo web sobre a prevención de riscos laborais asociados aos nanomateriais
venres, 6 de marzo do 2026
A Xunta presentou o primeiro espazo web autonómico de España centrado na prevención de riscos laborais asociados ao uso de nanomateriais, iniciativa dada a coñecer polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, durante unha xornada na que tamén participou a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja.
O novo espazo web, titulado Traballo seguro con nanomateriais, nace como unha ferramenta dixital orientada á transferencia de coñecemento, á sensibilización e ao apoio técnico na prevención dos riscos derivados do emprego destes materiais nos distintos sectores produtivos. O sitio recompila información cientÃfico-técnica actualizada, recomendacións prácticas e recursos dirixidos a empresas, persoal técnico de prevención, profesionais sanitarios e persoas traballadoras.
Durante a presentación, Fernández subliñou que a posta en marcha desta plataforma responde ao compromiso do Issga coas organizacións sindicais e empresariais galegas para avanzar no coñecemento sobre os nanomateriais e acompañar o tecido empresarial na súa correcta identificación, avaliación e control nos centros de traballo. O portal centraliza asà información contrastada sobre os riscos derivados da exposición a estes materiais e sobre as medidas preventivas necesarias para garantir contornas laborais seguras.
Segundo destacou o responsable autonómico, trátase dun portal pioneiro a nivel estatal, xa que ningunha outra comunidade autónoma conta cun instrumento especÃfico que reúna información sobre prevención de riscos laborais vinculados aos nanomateriais, considerados un risco emerxente cada vez máis presente nas actividades produtivas. A iniciativa enmárcase ademais na Estratexia de seguridade e saúde laboral de Galicia: Horizonte 2027, que contempla entre os seus obxectivos reforzar a prevención fronte á exposición a substancias e axentes perigosos.
Para a elaboración do portal, o Issga contou coa colaboración do Centre EspecÃfic de Recerca per a la Millora i Innovació de les Empreses (CERpIE), centro de investigación da Universidade Politécnica de Cataluña especializado neste ámbito. Na xornada participaron como relatoras a investigadora e directora do centro, Asunción Galera Rodrigo, e a médica do traballo e presidenta da Sociedade Catalá de Saúde Laboral, Montserrat Puiggené Vallverdú.
A nova web ofrece contidos técnicos e divulgativos sobre os fundamentos dos nanomateriais e da nanotecnoloxÃa, as súas aplicacións en distintos sectores e os criterios para avaliar e xestionar os riscos asociados ao seu uso. Ademais, inclúe exemplos de boas prácticas preventivas, especialmente en ámbitos como o da construción.
Os nanomateriais están cada vez máis presentes en produtos de uso habitual, especialmente na industria e na construción, xa que permiten introducir novas funcionalidades e melloras técnicas. Con todo, o seu reducido tamaño e determinadas propiedades poden implicar riscos emerxentes para a saúde laboral, como a inhalación de partÃculas, posibles efectos tóxicos ou riscos de incendio e explosión. Por iso, resulta clave abordar o seu uso desde unha perspectiva preventiva baseada no principio de precaución e na redución da exposición.
No marco da mesma xornada presentouse tamén unha campaña especÃfica sobre nanomateriais no sector da construción, impulsada polo Issga ante o escaso coñecemento existente sobre a presenza destes materiais neste ámbito. Na actualidade hai máis de 450 produtos no mercado que incorporan nanomateriais —entre eles cementos, adhesivos, pinturas ou illantes— que poden liberar partÃculas ao ambiente durante a súa manipulación.
A campaña busca ofrecer orientación preventiva aos distintos axentes implicados mediante materiais divulgativos, como pósteres e vÃdeos accesibles a través de códigos QR desde calquera dispositivo. Con iniciativas como esta, a ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, a través do Issga, pretende reforzar a prevención de riscos laborais ante os novos desafÃos derivados da innovación tecnolóxica e promover contornas de traballo máis seguras e saudables en Galicia.
