Novo monitor USB de Toshiba

martes, 22 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Toshiba incorporou silenciosamente ao seu catálogo un novo monitor USB de 14 polgadas e 1,27 quilos de peso que chega aos EE.UU. a un prezo de 199,99 dólares (141,19 euros), polo que pode resultar interesante como monitor secundario móbil (ideal para facer pequenas presentacións cun ordenador portátil, sen ter que empregar proxectores nin colocar a varias persoas ao redor da pantalla principal do ordenador).
Esta pantalla ten unha resolución de 1.366 x 768 píxeles, un tempo de resposta de 16 milisegundos, compatibilidade con Windows XP/Vista/7 e a posibilidade de operar a través dun único cable USB do que toman a alimentación á vez que non precisa de conexións VGA, DVI ou HDMI (xa que a información presentada en pantalla chega a través do propio cable USB).

PUBLICIDADE