Novo número da nosa edición impresa

mércores, 6 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración á renovación do Portal da Toponimia Galega, á vez que facemos un repaso polos proxectos que está a desenvolver Telefónica para impulsar a innovación e combater a fenda dixital.
Tamén destacamos outros temas como:
- Abanca xa permite facer pagos a través dos nosos dispositivos Samsung
- O CITIC fornece tecnoloxías vangardistas para todo tipo de contornas
- O CESGA participa nun proxecto para pescudar a pegada fenicia na nosa terra
- Gradiant tira partido de tecnoloxías Deep Learning para facerlle fronte á información inxente
- O COETG convoca os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
- AMTEGA lanza o portal do Plan de Inclusión Dixital e estrea versión iOS da app do Camiño
- Pontevedra convértese en outono na capital da innovación multimedia
- A cultura galega segue a botar fondas raizames na Sociedade do Coñecemento
- Os Concellos galegos premen o acelerador en materia de aplicacións para a participación cidadá
- O CPETIG entrega os premios do seu primeiro concurso de programación con Scratch
- A innovación galega segue a encher de referentes o desenvolvemento das TIC Entrevistamos aos responsábeis de Phottic

PUBLICIDADE