Novo número da nosa edición impresa

luns, 15 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao congreso de dirección de proxectos #SilverBulet18, organizado polo CPETIG, a nova páxina web da Deputación de Lugo para achegarse á cidadanía e ao programa Girl STEM. Tamén abordamos temas como os seguintes:
- O CITIC ábrelle as portas ao talento novo dos nosos investigadores con XoveTIC
- A seguridade coa que imos ter que convivir, eixe da Xornada de Informática Xudicial
- AMTEGA lanza actividades de formación para fomentar vocacións TIC e para dixitalizar PEME
- R móstranos os seus principais desafíos e bota luz sobre os cambios da tecnoloxía nestes tempos
- A nosa terra apuntala as estadas para converterse en potencia biotech
- Entrevistamos ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
- A foresta de aplicacións, webs e comunidades a prol da cultura galega, non para de medrar
- Ecovidrio fai reconto dos seus principais fitos en materia de reciclaxe
- O CPEIG convida ás administracións a resolver as súas eivas en materia electrónica

PUBLICIDADE