Novo número da nosa edición impresa

martes, 5 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao impacto das TIC na vida das empresas, administracións e cidadáns e á ciberseguridade. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Imatia, recoñecida polas cámaras de Santiago e A Coruña
– O CITIC organizará a vindeira edición do Congreso Español de Informática
– FEUGA organiza a finais de outubro os Galicia Innovation Days
– O ITG axudará á nosa dixitalización a través da súa Oficina Acelera PEME
– A Xunta debulla os recursos postos en xogo pola súa Estratexia de Internacionalización
– O CPEIG distinguirá o labor do CITIC, o CESGA e a enxeñeira Ana Freire
– AMTEGA impulsa unha nova edición do evento CIBER.gal, en novembro
– O CPETIG e AMTEGA celebran en outubro unha nova edición do Scratch Day
– O CPETIG organiza a nova edición, coa vista posta posta na COVID, a xornada Iuristicgal
– CONGALSA presenta os detalles do seu ambicioso proxecto de Industria 4.0
– A UDC acolle en outubro un seminario sobre mulleres e videoxogos
– O Smart Studio materializa en Ribeira un novo tipo de empresa tecnolóxica
– GaliciaTIC abre as súas portas abordando os principais desafíos do sector
– Pont-Up Store premiou a innovación feita por mulleres para impulsar o rural
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Ineo pon en marcha a súa oficina de transformación para o sur de Galicia
– Política Lingüística e a RAG dan un novo impulso ao proxecto Toponimízate
– A Tribo enche as redes de contidos para contar a verdade sobre a adolescencia en risco

PUBLICIDADE