Novo router de Linksys con servidor multimedia

mércores, 24 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Tras o éxito do router WRT54GL, que practicamente é un estándar mundial neste tipo de dispositivos pola súa versatilidade, Cisco presenta un novo trebello con vocación de sucedelo, o Linksys WRT160NL, que tamén funciona co sistema operativo Linux, soporta redes sen fíos IEEE 802.11n, ten un procesador a 400 MHz, conta con 32 Mb de DDRAM e 8 Mb de memoria Flash, ten 2 conectores de antena (permite que os usuarios máis esixentes cambien as antenas que inclúe de serie), integra un servidor multimedia UPnP AV e conta cun porto USB 2.0 para conectar un dispositivo de almacenamento externo para compartilo en rede ou servir contidos multimedia dende o mesmo, soportando que estea formatado cos sistemas de ficheiros FAT16, FAT32 ou NTFS.
Este novo router chega estes días ás tendas a un prezo aproximado de 99 euros.

PUBLICIDADE