Novo servizo de creación de blogs en galego

martes, 10 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O servizo de creación de blogs, Nireblog, presentou a súa versión en galego, de xeito que completa o seu servizo que xa permitía o seu acceso en español, euskera, portugués, inglés e árabe.
Cada unha das falas dispoñibles incorpora a súa propia páxina de entrada dende a que aparecen as últimas publicacións nas mesmas dentro do sistema de Nireblog (que polo momento só conta co blog de O Mañanceiro).
O sistema de administración de blogs traducido ó galego e doado de empregar e está inspirado no de La Coctelera (popular pola súa idoneidade para usuarios que non gusten das interfaces complexas), permite a creación de blogs colectivos (ou multiusuario) e conta con máis de 30 deseños para personalizar a aparencia dos blogs hospedados neste novo servizo que se une á familia de sistemas de blogs en galego (xunto con Blogaliza e a Blogoteca).

PUBLICIDADE