Novo teclado láser para dispositivos móbiles
luns, 10 de setembro do 2012
Os
usuarios que habitualmente teclean textos de certa lonxitude dende smartphones ou tablets optan en
numerosas ocasións por teclados externos, para o que hai numerosas
posibilidades no mercado, entre as que queremos destacar o Virtual
Keyboard que porán á venda na tenda Brookstone
o vindeiro 1 de outubro por 99,99 dólares (78,23 euros), e que
consegue ter un tamaño tan reducido como para servir de chaveiro grazas a que o
teclado sobre o que pulsaremos cos dedos será unha proxección sobre unha
superficie lisa.
Este pequeno dispositivo comunÃcase por Bluetooth co noso smartphone ou tablet, e proxecta mediante láser un tecldo sobre unha
superficie plana sobre a que podemos traballar como se fose un teclado fÃsico,
pero sen ter que cargar con el durante o seu transporte. Funciona cunha baterÃa
recargable por USB que conta cunha autonomÃa de 2 horas de tecleo continuo.