Novo teclado sen fíos en miniatura

venres, 5 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os teclados sen fíos de reducidas dimensións son moi útiles para presentacións ou para controlar a certa distancia un ordenador conectado ao televisor do salón, e dentro desta liña de produtos na tenda de Brando incorporan por 92 dólares (67,50 euros) o Rii Mini Wireless Keyboard, teclado con 69 teclas retroiluminadas que en só 15,1 x 5,9 x 1,3 centímetros consegue incorporar tamén un touchpad, de xeito que tamén serve para ocupar as funcións dun rato informático.
O dispositivo funciona cunha batería recargable, comunícase sen fíos cun receptor USB sen fíos (que opera ata a 30 metros de distancia), pesa só 103 gramos e incluso integra un punteiro láser, o que resultaría moi práctico para presentacións multimedia.

PUBLICIDADE