Novos fondos de pantalla de Disney para o Galaxy S10
venres, 14 de xuño do 2019
Como alternativa ás anchas pestanas superiores nas pantallas
dos smartphones compañÃas como Samsung optaron por incluÃr nos seus modelos de móbil
de alta gama pantallas perforadas para deixar espazo para a súa cámara frontal,
e aÃnda que estamos ante un elemento que pode resultar molesto á vista
nalgunhas ocasións, pode resultar bastante discreto se chega acompañado por
fondos de pantallas que axuden a disimulalo. Para axudar a facer tal veñen de
lanzar unha nova
gama de fondos de pantalla exclusivos para o Samsung Galaxy S10 con deseños
baseados nos filmes da Disney como Los IncreÃbles, Frozen ou Zootrópolis,
que inclúen elementos que facilitan que a cámara frontal do móbil pase desapercibida,
á vez que aledan a vista con imaxes ricas en cor e con personaxes moi
recoñecibles e queridos.
Samsung xa conta no seu catálogo con numerosos fondos de pantalla deseñados por
artistas que souberon ver xeitos de aproveitar a cámara frontal do Galaxy S10
como un elemento a incorporar ás súas imaxes, aÃnda que desta volta as imaxes engadidas
son posibles grazas a un acordo de colaboración entre Samsung e Disney (que xa
achegara o ano pasado AR Emojis de grande éxito) que beneficia polo momento a
usuarios do Samsung Galaxy S10 e S10e (o S10+ quedarÃa fóra xa que integra unha
cámara frontal dual).
- Actualmente xa existen moitos deseños de fondos de pantalla que aproveitan a cámara frontal como un elemento máis