O 80% da poboación española conta con cobertura 5G de Movistar

mércores, 21 de abril do 2021 Redacción

Telefónica pechou o primeiro trimestre de 2021 cunha cobertura 5G do 80% da poboación coa instalación dun total de máis 4.300 nodos que ofrecen cobertura a máis de 37 millóns de habitantes e 1.253 municipios de toda España. Deste xeito, a operadora avanza en España os seus plans de despregamento e no compromiso que adoptou Telefónica coa sociedade e coa dixitalización do país dentro do pacto dixital.
Durante o primeiro trimestre de 2021 o despregamento centrouse en completar a cobertura nas cidades despregadas o ano pasado e chegar ás cidades por encima de 20 mil habitantes de xeito que na actualidade contan con acceso á rede 5G de Telefónica un total de 1.253 municipios de todas as comunidades autónomas.
Telefónica está a traballar coas últimas xeracións de radio que permiten o dobre uso 4G e 5G co obxectivo de levar a nova tecnoloxía ao máximo de poboación desde o primeiro momento. Así actualmente a rede 5G de Telefónica combina o despregamento 5G NSA (Non Stand Alone) e DSS (Dynamic Spectrum Sharing) para despregar inmediatamente despois a rede 5G SA (Stand Alone), cando a tecnoloxía estea plenamente dispoñible despois da estandarización.
Doutra banda, están a utilizarse as bandas de 3,5 Ghz, única banda 5G xa licenciada aos operadores, e as bandas medias (1800–2100 MHz), onde actualmente está a 4G aproveitando a posibilidade de usar equipo NR (New Radio) que pode funcionar en ambas as tecnoloxías, 4G e 5G á vez. Ao longo do 2021 previsiblemente incorporarase a banda de 700 Mhz. cando salga e resólvase a poxa.

PUBLICIDADE