O 88,3% das empresas galegas conta con ordenador

venres, 16 de maio do 2008 Marcus Fernández

Algúns dos datos publicados polo OGSI

O Observatorio Galego da Sociedade da Información publica hoxe os resultados da Enquisa a Empresas sobre a Sociedade da Información en Galiza no ano 2007, reflectindo que o 88,3% das empresas galegas conta con ordenador, superando incluso ás que contan con fax (o 79,9%).
Tamén cómpre destacar que máis da metade das empresas contan cunha rede local e telefonía móbil para comunicacións de voz. No tocante ao acceso á Rede, esta chega ao 77,1% das empresas, que no caso da que contan con máis de 10 empregados se eleva ata o 93,2%, dominando o ADSL como tecnoloxía de acceso (co 55%) mentres que o cable queda nun segundo lugar (co 10,1%).
A enquisa tamén amosa que o 30% das empresas conta con páxina web, que no caso de compañía con máis de 50 empregados supera o 80%.

PUBLICIDADE