O Aigo N700 combina Android 2.1 con tecnoloxía nVIDIA Tegra 2

luns, 3 de maio do 2010 Marcus Fernández

O fabricante de teléfonos móbiles Aigo tamén quere entrar no xogo dos MID que aspiran a tablets, e presenta o Aigo N700, un dispositivo con pantalla multi-táctil de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador ARM Cortex A9 a 1 GHz e tecnoloxía nVIDIA Tegra 2, 512 Mb de RAM, 4, 16 ou 32 Gb de almacenamento integrado, USB, lector de tarxetas microSD, cámara de 1,3 Mpíxeles, saída de HDMI, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, 3G opcional, tomas para micrófono e auriculares, batería de 3.120 mAh e sistema operativo Android 2.1.
Esta curioso dispositivo do que aínda non coñecemos o prezo, mide 208 x 122 x 13,95 milímetros, pesa 465 gramos, e poderiamos considerar que estamos ante un móbil de alta gama con Android, co engadido de gozar dun procesador gráfico que permítelle a reprodución vídeo en alta definición (1.080p) e con soporte de Flash 10.1.
O Aigo N700 ten un deseño bastante atractivo e unhas prestacións aceptables, pero o tamaño e a resolución da súa pantalla dificilmente permitiranlle alzarse como unha alternativa ao iPad de Apple, trebello cos que todos parecen querer baterse nos últimos meses.

PUBLICIDADE