O CCG realiza diversos roteiros virtuais para conmemorar o legado de Afonso X
venres, 19 de febreiro do 2021
O
Consello da Cultura Galega presenta unha serie de roteiros virtuais
polo legado de Afonso X, xa que no 2021 cúmprense oitocentos anos
dende o seu nacemento.
A
primeira iniciativa que se levou a cabo foi a exposición Afonso
X e Galicia,
que actualmente está pechada por mor da pandemia. Por iso, como
complementos aparecen unha serie de roteiros que percorren o
patrimonio galego relacionado co legado afonsino. Así, cada xoves
subirase á web
do Consello
un novo itinerario deseñado por Antoni Rossell, comisario da
exposición, que incluirá textos do historiador Victoriano Nodar.
En
resumo, esta
semana
comeza un roteiro polo occidente da provincia da Coruña,
que percorre o territorio marítimo e os ecosistemas da ribeira que
asistiron ó novo nacemento urbano no século XIII, favorecido por
reis como Afonso X. Este é o primeiro itinerario dos oito que trata
temas xeográficos e culturais.
Os
roteiros difundiranse dende o sitio web e as redes
do Consello da Cultura Galega
en forma de documentos, códices, pezas, esculturas moedas, xoias e
outros formatos. Doutra banda, a exposición conta cun espazo web e
outro audiovisual que permiten acceder ao contido amosado noutros
soportes. En particular, a web contén textos recitados, música e
informacións da exposición. Ademais, entre os contidos
complementarios que xa se poden consultar, destacan unha serie de
entrevistas a destacados especialistas como Enrique Monteagudo,
Francisco Prado Vilar, Carlos Núñez ou Elvira Fidalgo. Mentres, o
traballo audiovisual, da man de Nós TV, sintetiza aspectos da
traxectoria de Afonso X.