O CITIC celebrará o terceiro Congreso XoveTIC o 8 e 9 de outubro en formato online
martes, 12 de maio do 2020
O
Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC segue a poñer o foco no
talento novo, o das futuras investigadoras e investigadores, e
deste compromiso coa mocidade xorde o Congreso XoveTIC, que este ano
vaise celebrar os días 8 e 9 de outubro en formato online,
co obxectivo de garantir aos participantes a máxima seguridade
fronte á COVID-19. Trátase da terceira edición dun evento
científico que se foi consolidando ano tras anos “como unha cita
obrigada para o persoal investigador junior (predoutoral e
posdoutoral) do ámbito TIC de universidades españolas e do norte de
Portugal”, en palabras do CITIC.
O
prazo de recepción de abstracts a través da
plataforma EasyChair xa está aberto e remata o vindeiro 17 de
xuño.
O
obxectivo do congreso é “crear un espazo de encontro para o debate
científico e contribuír deste xeito á formación dos asistentes”.
O
XoveTIC, cuxa inscrición é gratuíta, suporá tamén, en palabras
do centro coruñés, “unha oportunidade ideal para que as persoas
participantes compartan as súas investigacións nun ambiente
colaborativo e distendido”.
Para
que nos fagamos unha idea da súa repercusión e do alto nivel de
participación que acada, na súa pasada convocatoria contou con
preto de 100 asistentes e nela presentáronse máis de 50
comunicacións, tanto en formato oral como en póster.
Fontes
do CITIC engaden que “XoveTIC é un congreso xenuíno que se
diferencia da maioría dos congresos que se celebran en España no
ámbito do TIC, nos cales se reúnen investigadores senior con
anos de experiencia, pero achegando”, no caso de XoveTIC, un
axeitado punto de partida para facer medrar novas investigacións e
proxectos que marquen un antes e un despois na sociedade e na
tecnoloxía”.