O CPEIG e AMTEGA organizan un debate sobre a optimización dos Fondos Next Generation
martes, 20 de xullo do 2021
- Miguel Ángel Domínguez, presidente de Alastria
O Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
organizan este venres, 23 de xullo, un espazo de
networking
e debate chamado tres14.pm. Celebrarase de maneira presencial, para
un grupo máximo de quince profesionais do sector das TIC ou outras
persoas interesadas na materia, no Centro GaiásTech situado na
Cidade da Cultura en Santiago. O tema a tratar será a optimización
dos beneficios dos Fondos Next Generation.
O
programa, que se poderá seguir en streaming,
conta con
espazos de networking,
de debate, opinión e coñecemento, invitando a expertos en distintas
materias para que realicen unha exposición seguindo un programa
específico no que reflectirán,
en catorce minutos, tres principios sobre dita temática de cara a
establecer un coloquio posterior cos participantes. O relator desta
primeira xornada do venres será Miguel Ángel Domínguez, presidente
de Alastria, e impartirá unha conferencia titulada Innovación,
robotización e BlockChain para optimizar os beneficios dos fondos
Next Generation.
O
experto sinala que “a innovación é fundamental se desexamos, tal
e como se esixirá cos 140.000 millóns de euros dos Fondos Next
Generation, transformar a estrutura económica do país, para lograr
que sexa máis verde e mais dixital”. En relación á robotización,
salienta que “ser eficiente é imprescindíbel
para poder xestionar co mesmo persoal dez veces máis expedientes,
máis licitacións e máis subvencións que os dun exercicio normal”.
Este
programa forma parte dunha ampla axenda
que a AMTEGA está a promover dende o centro GaiasTech,
onde a tecnoloxía se converte no vector do cambio das organización
que poden ser respostas innovadoras cun alto valor engadido ás
demandas da sociedade.