O CPEIG e Cáritas Santiago formalizan un acordo de colaboración
luns, 15 de febreiro do 2021
O Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e
Cáritas Interparroquial Santiago asinaron
formalmente un acordo
para establecer un marco de colaboración conxunto. O convenio
fíxose realidade grazas ó presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e
o director de Cáritas Interparroquial Santiago, Luis Calviño.
O convenio servirá para
difundir os servizos e programas da organización benéfica entre os
colexiado/as do CPEIG. Así, a colaboración permitirá fomentar
actuación para mellorar a responsabilidade social empresarial,
formativas e de promoción do emprego de ambas identidades.
O pasado mes de decembro, o
CPEIG entregou a Cáritas un talón bancario cun 5% da recadación
dos patrocinadores da gala celebrada o pasado 27 de novembro, a
XII Noite
da Enxeñaría en Informática de Galicia.
Deste xeito Cáritas utilizou esta achega para agasallar polo Nadal
aos pequenos máis necesitados con material tecnolóxico para a súa
educación.