O CPEIG organizou un obradoiro de robótica para nenos hospitalizados

venres, 13 de maio do 2022 Redacción

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou hoxe un obradoiro de robótica para os nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) en colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG), co gallo do Día do Neno Hospitalizado que se celebra hoxe mesmo. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, asistiu á inauguración do obradoiro na Aula Hospitalaria do CHUS, acompañado pola técnico de ASANOG, Merce Fernández Baleato.
O obradoiro, dirixido a nenos e mozos de todas as idades, estivo impartido polo subdirector do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, Javier Pereira. Na actividades, os nenos crearon un mando con caixas de cartón que, conectado a un ordenador, serviu para controlar un videoxogo, un coche teledirixido ou un dron. Programaron tamén o voo dun dron e nun balancín de exercicios de equilibrio programaron un chip para controlar cos pés os videoxogos dun ordenador.

PUBLICIDADE