O Club_E celebra a súa primeira Xornada do Xapón con actividades argalleiras
mércores, 19 de xaneiro do 2022
O Club_E,
un espazo de lecer alternativo, aprendizaxe activa e creación interdisciplinar
a través de proxectos, obradoiros e eventos arredor da tecnoloxÃa, dirixido á
mocidade (maiores de 14 anos) con interese en tecnoloxÃas como a intelixencia
artificial, os videoxogos, a neurotecnoloxÃa, a robótica ou a ciberseguridade,
organiza o vindeiro sábado a súa I Xornada do Xapón, na que
desenvolverán distintas actividades lúdicas nun espazo aberto, asà como
distintas actividades orientadas ao mundo maker e aos videoxogos.
No que a videoxogos se refire, teremos un obradoiro de figuras anime en 3D
dende as 16:00 e as 18:00 horas; mentres que os interesados no mundo máis
argalleiro poderán aprender a montar e programar un brazo robótico de 11:30 a
14:00 horas, aprender a montar unha impresora 3D de resina de 16:00 a 18:00
horas e tamén aprender a imprimir figuras 3D en resina de 18:00 a 19:00 horas.
Os interesados nesta e outras actividades do Club_E poden informarse por correo electrónico ou
chamando ao teléfono 881251572. O Club E desenvolve as súas actividades nas instalacións de VermisLAB na Rúa do Tambre nº 61 de Santiago de Compostela.
- Programa da xornada