O Concello de Poio habilita unha pasarela virtual para facilitar os pagos dos recibos

venres, 17 de xullo do 2020 S. P.

O Concello de Poio habilitou este verán unha pasarela virtual para facilitar os pagamentos dos recibos da cidadanía de eito telemático. Os detalles do servizo foron debullados polo concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, que lembrou que xa está operativo dende o primeiro día de mes e que se pode tirar proveito da pasarela dende o apartado online Pagamento de Recibos e Tributos, onde hai que incluír o código correspondente do recibo para proceder ao seu pagamento (e senón se conta co código, achegar punto por punto os datos da emisora, referencia, identificación e importe).
O edil tamén explicou que o Concello está a traballar tamén na posta en marcha na propia Sede Electrónica dun sistema de autoliquidación para que os propios contribuíntes poidan obter e pagar de xeito telemático os seus recibos, sen necesidade de ter que realizar estas xestións de xeito presencial na Casa Consistorial.

PUBLICIDADE