O Concello de Santiago convoca á rapazada galega para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia
luns, 8 de febreiro do 2021
Este
xoves, 11 de febreiro celebrarase
unha
xornada de divulgación para os colexios e institutos de Galicia, co
fin de celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
O evento será ás 12.00 horas vía streaming
e contará con máis de 3.000 alumnos e alumnas.
A
acción está promovida polo Concello de Santiago, a
través do CEXTEC e Talentia Summit e está destinada a alentar ós
estudantes de entre 9 e 16 anos con información e referentes para
seguir a súa formación no ámbito da ramas científica ou STEM
(Ciencia,
Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática, polas súas siglas en
inglés).
Cabe
mencionar que este día tamén é importante para asumir o compromiso
e poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas.
De feito, o evento combinará
as testemuñas e presentacións de mulleres científicas galegas
relevantes no eido
das
STEM, con divertidos experimentos científicos.
O
prazo de inscrición para participar na iniciativa continúa aberto.
A xornada será emitida de forma simultánea para todos os centros de
ensinanza galegos que realicen o rexistro a través da web de
Talentia.