O Concerto das Letras Galegas poderase seguir este luns 16 en streaming
luns, 16 de maio do 2022
O
Concerto
das Letras Galegas 2022, o gran acto de apertura dos actos de
homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán e á nosa cultura, poderá
seguirse esta noite a través
do Youtube do Consello da Cultura Galega e máis da
web da CRTVG, que ten unha sección específica de contidos
variados centrados na festa do 17 de maio. Trátase dunha actividade
do CCG en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras. O evento,
que se celebrar no Teatro Lauro Olmo do Barco a partir das 20h,
correrá a cargo do grupo Zoar Ensemble cun programa musical que
repasa o legado do homenaxeado e tamén lembra a memoria dos
exiliados e exiliadas republicanos que, coma Florencio, pasaron de
Galicia a México. No concerto estrearase a peza Diásporas,
composta para a ocasión por Carme Rodríguez.
O
grupo Zoar é o encargado da duodécima edición do Concerto das
Letras Galegas que pon o foco na figura de Florencio Delgado
Gurriarán pero tamén no colectivo que formou parte do exilio
mexicano. O programa está conformado, por unha banda, por pezas que
fan referencia explícita ao homenaxeado e, por outra, a creacións
musicais ligadas á diáspora mexicana con obras dos seus principais
referentes como Adolfo Salazar e Rodolfo Halffter e mais o galego
Jesús Bal y Gay. Complétase con outras pezas que son, en palabras
do CCG, “unha chiscadela á cultura local”, como o tema Aureana
do Sil, de Federic Mompou, a partir dun texto de Ramón
Cabanillas, e na que participou moi activamente o ourensán Antonio
Fernández-Cid.
O
concerto poderase ver o día 17 na programación especial da segunda
canle da Televisión de Galicia.