O Dell Studio One 19 desembarca en Europa

martes, 28 de abril do 2009 Marcus Fernández

O Dell Studio One 19 pode mercarse con pantalla multi-táctil

Os nipóns estrearon hai cousa dun mes o Dell Studio One 19, e agora o novo ordenador todo-en-un chega ao mercado europeo, onda comeza a poder encargarse este equipo con pantalla de 18,5 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles e opción multitáctil, procesadores que van dende un Celeron a un Quad Core, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce G9200 ou 9400, disco duro de ata 750 Gb, 4 Gb de RAM e opción de teclado e rato sen fíos, que se venderán con bordes en 5 cores distintas (negro, azul, vermello, rosa ou branco). Entre as súas opcións de configuración tamén haberá a posibilidade de integrarlle Wi-Fi, cámara web ou unidade de Blu-ray.
O novo equipo aínda non aparece na web española de Dell, pero é de agardar que o incorporen nos vindeiros días.


Vídeo promocional do novo todo-en-un de Dell