O ECS G1OIL quere alzarse como a alternativa ó Eee PC con banda larga móbil
venres, 7 de marzo do 2008
O Asus Eee PC é o fenómeno tecnolóxico do ano, pero comezan a saÃrlle
duros competidores, dos que en moitos casos apenas temos detalles, coma no ECS
G10IL, que é un subnotebook que destaca polo seu atractivo deseño e por vir
dotado de conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps. Tamén contará con 3 portos USB,
conexións Ethernet, modem e webcam.
O equipo é bastante delgado e se supón que sairá por un prezo de menos de 500 dólares,
atopándose xa en produción, polo que pronto se coñecerán os detalles deste
equipo pequeño e ultraportátil que presenta unha liña moi delgada coma se pode aprezar
no seu teclado (que lembra ós últimos modelos de Apple).
- O equipo destaca polo seu fino teclado