O Firefox 3.0.3 xa se pode descargar en galego

mércores, 1 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A web de Mozilla xa insta a instalar a versión en galego do Firefox 3.0.3 (de acceder cun navegador en galego)

En xuño o Firefox 3 se estreou oficialmente e dende Mancomún prepararon un paquete de idioma para traducir o navegador da Fundación Mozilla ao galego, de xeito que logo se incorporou coma paquete de idioma oficial. Continuando nesta mesma liña agora temos que dende a páxina oficial do Firefox xa está presente a versión 3.0.3 do navegador oficialmente en galego, aínda que nunha fase de proba que podería durar arredor dun mes.
A oficialidade do Firefox en galego indica que a aplicación está completamente traducida á nosa lingua e o proceso de tradución está totalmente integrado na plataforma de publicación de novas versión do navegador de Mozilla nas súas versións para Windows, Mac e Linux.
Na actualidade xa hai unhas 48 linguas totalmente integradas en Firefox, e hai outras 8 en probas para a súa incorporación definitiva, todo grazas a grupos de voluntarios que colaboran nas labores de tradución que permiten que o popular navegador sexa o máis próximo posible aos seus usuarios.

PUBLICIDADE