O Galaxy Note medra ata as 10,1 polgadas

luns, 27 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Tras as boa recepción comercial do móbil Samsung Galaxy Note, que conseguiu destacar no mercado coa súa enorme pantalla de 5,3 polgadas e a posibilidade de funcionar cun punteiro como se fose unha PDA, Samung quere levar este factor aos tablets e presenta o Galaxy Note 10.1. Este novo dispositivo conta cun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, conectividade HSPA+, pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, cámaras de 3 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi, Bluetooth 3.0, GPS, capacidades de almacenamento interno de 16/32/64 Gb, punteiro S-Pen, o paquete de aplicacións de debuxo S-Note, o sistema operativo Android 4.0 e as aplicacións Adobe Photoshop Touch e Adobe Ideas.
Aínda non se anunciaron os datos sobre o lanzamento do dispositivo, pero parece que conseguiu atopar un xeito de destacar fronte aos seus competidores, que parecen máis centrados en mellorar as súas pantallas, as súas cámaras e os seus procesadores, en vez de intentar atopar funcionalidades destacables.

JPEG - 107.8 KB
Anuncio do Galaxy Note 10.1 que puido verse no Mobile World Congress de Barcelona

PUBLICIDADE