O Geeksphone Revolution funcionará cun procesador Atom

venres, 20 de decembro do 2013 Marcus Fernández

JPEG - 65.7 KB
Geeksphone está a preparar smartphones baseados en procesadores Intel Atom

O fabricante español Geeksphone está a ser un dos referentes para o sistema operativo móbil de Mozilla, e para primeiros do ano que vén dará un importante paso co seu Revolution, un novo smartphone que non estará baseado en procesadores ARM, senón que optará por un Intel Atom Z2560 a 1,6 GHz, sendo capaz de correr tanto Firefox OS como Android (o que moitos verán como unha auténtica revolución).
O novo dispositivo xa non será tan básico como os seus predecesores, contando cunha pantalla IPS de 4,7 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles con flash e batería de 2.000 mAh, o que afastaría a este produto na gama baixa á que parecía apuntar a compañía, aínda que seguimos sen coñecer o prezo ao que porase a venda o produto.

PUBLICIDADE