O Goberno prepara a vindeira reorganización da TDT, que suporá a creación dunha nova canle en HD
venres, 27 de setembro do 2024
O Consello de Ministros aprobou esta semana a tramitación administrativa urxente do proxecto de Real Decreto polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinadas medidas de impulso da innovación tecnolóxica da TDT.
O proxecto de Real Decreto sacouse a exposición pública, e supón a adaptación lexislativa esixida pola Unión Europea para planificar a implantación da tecnoloxÃa de transmisión DVB-T2, que incrementa a capacidade de cada múltiple dixital da TDT, permitindo un uso máis eficiente do espectro radioeléctrico.
A tecnoloxÃa DVB-T2 é clave para as emisións de televisión en ultra alta definición, prevéndose unha implantación da mesma en dúas fases que suporán unha reorganización de emisións (polo que cómpre realizar esta actualización tecnolóxica minimizando as molestias aos cidadáns).
O proxecto prevé que a redistribución das canles de TDT na súa primeira fase libere a cuarta parte da capacidade do múltiple dixital MPE5, capacidade sobrante que será obxecto dunha convocatoria para o outorgamento dunha licenza para prestar o servizo de comunicación audiovisual televisivo de ámbito estatal con resolución HD.