O HTC Smart baixa o listón dos móbiles de HTC

venres, 8 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Esta semana presentaron o móbil HTC Smart, que resulta un tanto paradoxal no seu nome, posto que non é precisamente un smartphone, senón que entraría nunha gama inferior de terminal, funcionando co novo sistema operativo Brew vestido coa interface HTC Sense, que conta cunha pantalla de 2,8 polgadas, un procesador de 300 MHz, 256 Mb de ROM, 256 Mb de RAM, HSDPA, Bluetooh 2.0, lector de tarxetas microSD, cámara de 3 Mpíxeles con flash, batería de 1.100 mAh e toma de auriculares estándar.
Estamos ante un terminal que non destaca así polas súas elevadas prestacións (entre outras cousas, carece de Wi-Fi), pero supomos que en contraprestación chegará a un prezo atractivo (sen anunciar).

PUBLICIDADE