O IGAPE financia a contratación de nove técnicos en empresas de AGESTIC

luns, 5 de novembro do 2007 Raquel Noya

O proxecto de especialización profesional promovido por AGESTIC denominado Técnicos en desenvolvemento de produto, vén de obter unha subvención do IGAPE por importe de 113.000 euros que lles vai permitir a sete empresas galegas dedicadas ás TIC, a contratación de nove profesionais que con titulación de enxeñería técnica informática ou segundo ciclo de FP, poidan desenvolver tarefas especializadas en novos produtos e aplicacións tecnolóxicas.
Estes nove profesionais cualificados serán seleccionados en concorrencia competitiva por unha comisión de AGESTIC e asignados ás empresas solicitantes en Lugo, Vigo, Vilagarcía e Ferrol, onde traballarán contratados por un ano, e recibirán un curso en liña que lles permitirá coñecer as técnicas máis novidosas para facer chegar ó mercado produtos tecnolóxicos de calidade e competitividade.

PUBLICIDADE