O III Foro Rexional ISMS Forum Galicia celébrase en Vigo
mércores, 6 de abril do 2022
Este xoves o CapÃtulo Galego do ISMS Forum organiza o seu II
Foro Rexional de Galicia en modalidade presencial no Auditorio de Abanca en
Vigo de 9:30 a 14:00 horas. Esta sesión pretende analizar o novo mapa de
ciberameazas no contexto bélico, asà como as últimas tendencias na industria do
ransomware, a xestión e
resposta a incidentes na nube ou as necesidades de visibilidade, control e
automatización de resposta nos ámbitos industriais.
O foro contará con relatores como o doutor Camino Kavanagh (King’s
College London), quen falará da ciberguerra centrándose nas ciberoperacións e
tecnoloxÃas dixitais. Antonio
Fernandes (CISO de FINSA) dará conta das novidades cos temas anteriormente
mencionados. Mentres que Adrián
Couceiro (responsable do BlueTeam de CaixaBank) exporá respostas para
incidentes na nube.
Tamén se presentarán os avances no proxecto colaborativo Cyber Security in a Box, unha ferramenta chave para as pequenas e
medianas empresas, que introduce un marco ineludible de clasificación,
avaliación e propostas de acción. Esta presentación correrá a cargo de David González (CISO de
Coren) e Fernando Suárez
(precidente do CPEIG).
- Programa da sesión