O ITG, recoñecido como centro de excelencia para o impulso estatal da transición enerxética
martes, 17 de novembro do 2020
Por
parte do Ministerio de Ciencia e Innovación e a través do CDTI, o
ITG
é o único centro tecnolóxico galego que participa na Rede de
excelencia HysGrid +, unha alianza española de
entidades
para o desenvolvemento de comunidades locais enerxeticamente
positivas. Tamén interveñen neste proxecto outros 4 centros
tecnolóxicos nacionais.
Todo
isto consiste nunha Rede estratéxica para o Goberno Central pola súa
importancia para a I+D a nivel nacional, xa que a novo paradigma
enerxético necesitará de innovadoras solucións intelixentes para
cumprir cos obxectivos de descarbonización e de electrificación,
marcados tanto por España como por Europa.
A
contaminación de grandes cidades ou o cambio climático fan que o
marco europeo estableza para 2030 tres obxectivos claros: redución
nun 40% das emisións de gases de efecto invernadoiro, unha mellora
na eficiencia enerxética dun 32,5%, así como un 32% de xeración de
enerxía baseada en fontes renovábeis.
Desta maneira, apróbase por segunda vez a iniciativa no marco do
Plan Cervera, que ten como obxectivo principal alcanzar unha maior
captación científico – tecnolóxica e o reforzo da
visualización
en ámbitos internacionais.
Co
fin de dar resposta ás necesidades que xorden do notable crecemento
das urbes, HysGrid+ traballará na creación dun sistema de control
centralizado que permita a xestión óptima de todos os recursos
enerxéticos, tanto eléctricos como térmicos, en comunidades
enerxéticas locais a través da creación de sistemas híbridos
capaces de xerar enerxías renovables e de almacenalas ao mesmo
tempo. Como socios de HysGrid+ pódese citar ao Instituto
Tecnolóxico de Enerxía (ITE),
Instituto
Tecnolóxico de Galicia (ITG),
ou a centros tecnolóxicos especializados como IKERLAN,
AICIA
ou CARTIF.
O
director da División de Enerxía de ITG, Santiago Rodríguez
Charlón, afirma que “os
sistemas de enerxía urbanos teñen un papel especialmente importante
no desenvolvemento de sistemas enerxéticos sustentábeis,
xa que as redes de enerxía nas cidades reúnen unhas características
particulares que permiten a utilización de almacenamento de forma
eficiente e a exploración de sinerxías
entre os diferentes recursos, axentes e sistemas (eléctrico e
térmico)”. Ademais, Rodríguez Charlón informa de que “no
contexto enerxético urbano, os novos sistemas de enerxía
intelixentes que se expoñan deberán proporcionar unha flexibilidade
na transición cara a sistemas neutrais en emisións de carbono que
permitan aos consumidores ser parte activa do ecosistema enerxético,
producir a súa propia enerxía e elixir de forma fácil servizos
enerxéticos de acordo coas súas propias preferencias e intereses. É
dicir, necesítase un enfoque máis amplo e integrador que permita
axustar e integrar recursos enerxéticos renovábeis
e
mellorar o aforro e a eficiencia enerxética dando un papel
protagonista ao usuario ou consumidor”.