O Internet Explorer imponse como o produto máis influÃnte dos últimos 25 anos, segundo a AITI
luns, 20 de agosto do 2007
A xeito de celebración dos seus 25 anos de
historia, a Asociación
Industrial de TecnoloxÃa Informática (Computing Tecnology Industry
Asociation) levou a cabo unha enquisa entre os seus membros para atopar os dez produtos
tecnolóxicos máis influentes dos últimos cinco lustros. Entre os gañadores do
certame atopamos unha masiva presenza de produtos da casa Microsoft, firma que
finalmente acadou (grazas as seus programas) as cinco primeiras posicións do
devandito ranking.
O Internet Explorer situouse como claro
gañador, pero lonxe de ser o único, segue na listaxe o Word, o Windows 95, e o Excel,
programa que ficou empatado en votos co iPod, o único produto que non é da casa
Gates e que puÃdo situarse entre os cinco primeiros postos.
Do quinto chanzo da listaxe en adiante a cousa vai mudando moito, e no sexto posto atópase o Blackberry, seguido polo Photoshop de Adobe, programa xa indispensable para a publicación de fotografÃas en calquera medio de comunicación. Os últimos tres postos da enquisa están pechados polo McAfee ViruScan, o Netscape Navigator, e o PalmPilot chegado ao mercado no ano 1996, que darÃa lugar á chegada das PDAs.