O Jabra Clipper leva o Bluetooth aos nosos auriculares favoritos
martes, 16 de febreiro do 2010
O
mes que vén sae a venda por 49,99 euros o Jabra
Clipper, un dispositivo Bluetooth que incorpora un conector para
auriculares estándar de xeito que podemos aproveitalo para escoitar música
dende o noso teléfono móbil ou reprodutor multimedia librándonos de cables e
permitindo o acceso ás funcións de pausa, salto de pistas ou modificación de
volume nun pequeno clip, e incluso está preparado para que, se recibimos unha
chamada no móbil, esta pase a primeiro plano nos auriculares.
O Jabra Clipper inclúe uns auriculares con illamento de ruído, pero pode
empregarse con outros; pode prenderse na roupa de xeito doado; pesa só 20
gramos; e goza dunha autonomía de 6 horas (con 8 días en espera).