O LG G Stylo funciona con stylus pese a ser un terminal de gama media

mércores, 22 de abril do 2015 Marcus Fernández

Mentres que Samsung distingue a súa alta gama de smartphones de grande tamaño pola incorporación dun lapis dixitalizador (principal característica diferencial da familia Note) dende LG quixeron ir por un camiño diferente, e anuncian o LG G Stylo como un terminal de gama media, cunha pantalla de 5,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles que integra stylus.
Este teléfono con Android 5.0, pese a que chegará ao mercado surcoreano o mes que vén a un prezo aproximado de 400.000 wons (343,64 euros), non está mal equipado, xa que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB de capacidade), conectividade 4G, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1, NFC, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles e batería de 3.000 mAh. O seu grosor será de 9,6 milímetros e o seu peso de 163 gramos. Queda agora por ver se este smartphone chegará a saír do mercado surcoreano.

PUBLICIDADE