O LG Optimus L9 preséntase cunha pantalla IPS de 4,7 polgadas
mércores, 29 de agosto do 2012
A familia de móbiles L-Series continúa a medrar, e tras os modelos Optimus
L3, L5 e L7, chega agora o LG
Optimus L9, que continúa o mesmo deseño atractivo que os seus irmáns pero
incrementando o seu tamaño de pantalla ata chegar ás 4,7 polgadas. Este novo
móbil ten un grosor de 9,1 milímetros e un marco metálico, detalles que danlle
unha aparencia elegante, mentres que no resto de prestacións confórmase con
prestacións bastante modestas, como un procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb
de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 5 Mpíxeles e cámara
frontal para videoconferencia e batería de 2.150 mAh de alta densidade (de
xeito que conta con alta capacidade conservando un deseño fino). Como os seus
predecesores, funciona con Android 4.0.
A pantalla do LG Optimus L9 non só ten un tamaño xeneroso, senón que é IPS,
polo que a súa calidade é bastante boa. Tamén inclúe funcións como QTranslator
(recoñecedor de textos coa cámara que é capaz de identificar letras nuns 44
idiomas para traducilos directamente dende o móbil facendo uso da tecnoloxía de
Google), My Style Keypad (que axusta a colocación do teclado virtual en
pantalla segundo o usemos cunha ou con dúas mans) e QMemo (ferramenta para
tomar notas incluso escribindo a man
sobre a pantalla do móbil).
- Con My Style Keyboard o móbil adáptase para o seu uso cunha ou con dúas mans