O LG Optimus Vu sorprende cunha pantalla de 5 polgadas en 4:3
mércores, 8 de febreiro do 2012
LG vén de publicar na súa páxina web coreana un vídeo no que
podemos ver o seu novo terminal telefónico, o LG Optimus Vu, que
destacará principalmente pola relación de aspecto da súa pantallas, que será de
4:3, moito máis ancha do que estamos afeitos e que, ao parecer, contaría cun panel
IPS de 1.024 x 768 píxeles nunha diagonal de
5 polgadas, polo que sería un dos móbiles coa pantalla máis grande do
mercado, igualando a superficie do Samsung Galaxy Note.
Ao parecer estariamos ante un
móbil con Android 2.3, procesador Qualcomm Snapdragon de dobre núcleo a 1,5
GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, NFC, Bluetooth 3.0, Wi-Fi N,
A-GPS e cámara de 8 Mpíxeles, que polo momento só está confirmado para o
mercado surcoreano, e do que poderiamos ter máis detalles no Mobile World
Congress de Barcelona.
Vídeo de presentación do novo móbil de LG