O LG XPION X30 é o primeiro nettop con nVIDIA Ion

venres, 18 de setembro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 36.8 KB
O LG XPION X30 pode suxeitarse na parte traseira dun monitor

O fenómeno dos ultraportátiles de baixo custo tamén ten o seu reflexo nos equipos de sobremesa na forma dos nettops, e dentro desta liña de produtos LG vén de presentar o XPION X30, un pequeno ordenador cun procesador Intel Atom N230, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro e pouco máis dun quilogramo de peso que é o primeiro equipo deste tipo en integrar a tecnoloxía nVIDIA Ion.
Polo momento só está á venda en Corea do Sur, e destaca polo feito de poder suxeitarse na parte traseira dun monitor, co aforro de espazo que iso supón. Inicialmente o LG XPION X30 funciona con Windows Vista.

PUBLICIDADE